Este ano desfrutamos da Feira do Viño do Rosal dende as nosas casas, a salvo, en grupos pequenos, en establecementos hostaleiros ou no eido cos amigos, con todas as medidas de seguridade.
Porque o viño, máis alá do liquido ouro, é algo que nós vivímolo. O viño é unha experiencia, individual gozando dunha paisaxe ou en grupo coa nosa familia, ou con amigas e amigos, en torno a unha mesa, picando algo e cunha boa conversa.
Convidámosche a que compartas con nós esa experiencia. A través da nosa páxina de facebook podes participar no concurso enviando unha foto que reflicta como vives a experiencia dos nosos viños.
Hai premios moi interesantes! Participa!!