Valmiñor

A nosa adega

Historia. Familia. Amigos. Dedicación. Vocación. Moitas palabras poderían describir á nosa adega, Adegas Valmiñor,  porque somos moitas cousas diferentes que se unen baixo unha mesma paixón: os nosos viños.

 

A adega fundouse en 1997 pero a nosa tradición é ancestral. Amamos a uva albariña, pero tamén a treixadura, a loureiro, a castañal… Amamos a nosa terra e todo o que nos brinda. Respectámola e coidámola, porque ela é o noso legado. É a nosa vida.

Enoturismo

Un dos servizos que ofrecemos dende a bodega é a posibilidade de realizar visitas guiadas ás nosas instalacións, onde poderá coñecer en maior profundidade a elaboración dos nosos produtos. As visitas á adega, sempre baixo cita previa concertada, poderanse completar cunha degustación dos nosos viños.

 

Ademais ofrecemos visitas personalizadas como, por exemplo, as visitas ao viñedo con petisco, comidas, reunións e outros eventos, tanto profesionais como particulares, no noso salón.

A Portela s/n.
San Juan de Tabagón. 

36760 O Rosal