Lagar Pedregales

A nosa adega

A adega Lagar Pedregales foi fundada en 1991 en Figueiró, seguindo unha traxectoria familiar e elaborando unicamente con uva propia. Hoxe en día a nosa adega xa vai pola terceira xeración familiar, sendo así Alba Martínez, licenciada en Enoloxía e neta do fundador Mario Guerreiro Carnero, quen dirixe cada paso da elaboración.

Tradicional albariño

Os viñedos están situados en Figueiró, pertencendo á subzona de O Rosal, en pleno corazón da D.O. Rías Baixas. As cepas son de tradicional albariño de gran pequeno e están coidadas con especial esmero para a obtención deste excelente viño varietal de calidade.

Elaboración

A elaboración realízase conxugando métodos artesanais, sen renunciar por iso ao máis sofisticado proceso de fermentación controlada.

Numerosos premios

Debido ao longo camiño profesional e ao grande esforzo e agarimo por facer dos nosos viños os máis especiais, desde 1991 recibimos numerosos premios, gañando así as Catas do Albariño de Cambados e Acios de prata nas Catas de Galicia durante anos consecutivos.

Lago, 14. Figueiró

Tomiño