Aforado

A nosa adega

A nosa pequena pero selecta adega ten a súa orixe nunha longa tradición familiar. Foi creada con nome de O Aforado, onde na actualidade elaboramos e embotellamos un viño único, Aforado, acollido na Denominación de Orixe Rías Baixas (D.O. Rías Baixas). Este viño realízase exclusivamente coas uvas da nosa finca de Eiras.

A nosa finca

A nosa finca en Eiras, preto da beira do Río Miño, ten unha extensión de 6 hectáreas de terreo predominantemente calizo, en pleno val do Rosal. A súa privilexiada situación confírelle un microclima de temperaturas suaves ao longo de todo o ano, con choivas abundantes. Este microclima favorece a maduración da uva, e contribúe a asegurar a calidade das colleitas ano tras ano.

O noso viño

Pálido, matiz dorado. Aroma intenso, froitoso, toques de herbas e finos cítricos; boca expresivo, fresco, froita branca, apunte salino, fondo especiado.

O noso viñedo e vendima

O noso viñedo conta con 6 hectáreas de superficie. Os viñedos aséntanse sobre un depósito aluvial, solo areoso e arxiloso con cantos rodados.

As uvas da variedade Albariño de O Aforado son vendimadas a finais de setembro. O traballo é manual. As uvas son transportadas á adega en caixas cun peso non superior aos 18 quilogramos, evitando así que a uva rompa prematuramente.

Camiño da Aldea 4. Eiras

36760 O Rosal