Festa de interese turístico

Sinte o sabor, a paisaxe, o aroma, a textura... Sinte o viño do Rosal!

O programa! Inscríbete!

Venres 16 de xullo, pola mañá

13.00 h | Cata Comentada!

Cata de viños das adegas que forman parte da Asociación Empresarial Adegas do Rosal. Terá lugar no restaurante Juan en Rúa do Couso, 18, 36770 O Rosal

A modalidade desta actividade será presencial, cumprindo para elo con todas as medidas de seguridade exixidas polas circunstancias sanitarias nas que nos atopamos.

Este ano contamos có enólogo Aurelio Vázquez Fachal, presidente de Gallaecia Asociación de Sumilleres de Galicia, quen dirixirá a cata de nove viños do Rosal.

Os requisitos e obrigas para os participantes son:

–       Ser maior de idade

–       Utilizar mascarilla de protección homologada durante toda a participación

–       Manter as distancias de seguridade establecidas polas Autoridades, en prevención do contaxio da COVID-19

Inscrición

Enviando un correo a confrariavinorosal@gmail.com antes do xoves 15 de xullo ás 13:00h., indicando nome e apelidos da persoa que participa

Venres 16 de xullo, á tardiña

20.00 a 21.00 h. | Acceso ao recinto na Praza do Calvario do Rosal (inscrición previa)

21.00 h. | Inauguración e pregón!

Inauguración

A partir das 21:00 h. na praza do Calvario terá lugar a tradicional inauguración da Feira do Viño do Rosal da man da alcaldesa, Ánxela Fernández Callís e outras autoridades.

Pregón

Trala inauguración terá lugar o pregón. O pregoeiro desta 29ª edición da Feira do Viño do Rosal será o enólogo Aurelio Vázquez Fachal.

Aurelio Vázquez é o presidente de Gallaecia Asociación de Sumilleres de Galicia. Conta con formación no Centro Superior de Hostelería de Galicia, e cunha longa traxectoria en postos de dirección de negocios de restauración e hoteleiros. Gañador no ano 2012 do concurso “Nariz de Oro de Galicia”, na actualidade conta cunha sección especializada en viños no Programa “Voces de Compostela”, en Radiovoz Compostela, chamado “El vino es para beber”

22.00 h. | Monólogo con Sergio Pazos!

Foto: Facebook Sergio Pazos

Sergio Pazos será o encargado de arrancar á programación da Feira do Viño na Praza cun monólogo que traerá o humor ao programa, neste tempo no que tan necesario é sorrir.

Actor e humorista galego e ben coñecido en todo o estado polo seu traballo en cine, teatro e TV.

Deuse a coñecer como reporteiro do coñecido programa “Caiga quen Caiga” de Telecinco entre o 1996 e 2002.

Conta cunha dilatadísima e consolidada traxectoria profesional que lle converte en un dos actores galegos máis queridos.

Sábado 17 de xullo, pola mañá

11.00 a 12.00 h. | Acceso ao recinto na Praza do Calvario do Rosal (inscrición previa)

12.00 h. | Showcooking! cos chefs Iván Méndez e Álex Iglesias, no marco do proxecto de cooperación transnacional EUROCHEF

En colaboración coa Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural chega a esta edición o Proxecto LEADER transnacional “Eurochef: sharing gastronomy and experiences”

Da man dos chefs Iván Méndez e Álex Iglesias poderemos disfrutar dunha sesión demostrativa de cociña de alta calidade empregando os produtos gastronómicos dos territorios de Eu Rural e PoNorte, os dous grupos de desenvolvemento implicados en EuroChef.

Nesta edición do 2021, con motivo das restricións sanitarias por COVID 19 será un showcooking sen degustación dos pratos, pero a pesar diso descubriremos novos produtos galegos da nosa zona para poder elaborar platos cos que acompañar os ricos viños do Rosal.

13.30 h. | Concerto lixeiro "sesión viño" con Weli Kings!

Gozar degustando os viños do Rosal mentres desfrutamos da música nun concerto lixeiro e tranquilo ao medio día será posible nesta edición da Feira do Viño.

Unha “sesión vermú” onde sustituimos o vermú polos excelentes caldos do Rosal.

 

Weli Kings serán os encargados de poñer a música nesta “sesión viño”, co seu repertorio de música de aquí e de alá, reinterpretada, reinventada, revisada e interpretada con moito gusto e ritmo inigualable.

Sábado 17 de xullo, pola tarde (sesión infantil)

18.00 a 19.00 h. | Acceso ao recinto na Praza do Calvario do Rosal (inscrición previa)

19.00 h. | Actuación infantil con Barafunda!

Actuación para as nenas e nenos da casa.

Da mán de Barafunda, compañía galega experta en animación e espectáculos infantís de moi variadas temáticas.

Será unha actividade que cumpra con todas as medidas de prevención para que as neneas e nenos poidan gozar desta experiencia de xeito seguro.

Os menores terán que estar sempre acompañados por unha persoa adulta. Na inscrición o máximo será de 3 menores por cada persoa adulta que terán que ser convivintes.

As 20.30 h. O recinto deberá estar desaloxado para a seguinte sesión da Feira.

Sábado 17 de xullo, á tardiña

21.00 a 22.00 h. | Acceso ao recinto na Praza do Calvario do Rosal (inscrición previa)

22.00 h. | Concerto de The Soul Jacket!

Moitos anos e algúns cambios de formación sucedéronse desde que seis músicos a medio camiño entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) xuntáronse nun soto alá por xullo de 2004 para tocar un puñado de cancións inspiradas polo son do Rock & Roll americano e británico de principios dos 70.

 

Actualmente a banda está formada por: Jorge Mizer e Guillermo Gagliardi ás guitarras, Jann Zerega ao baixo Fender, Xabier Vieitez ás teclas, Mauro Comesaña á batería e Toño López á voz principal.

 

Durante o concerto que será en formato “sentados”, poderá degustarse os viños do Rosal das adegas do Rosal con D.O. Rías Baixas.

Domingo 19 de xullo, pola mañá

10.00 h. | Roteiro polos muíños do Folón e do Picón!

Que mellor xeito de comezar o domingo que facendo un roteiro aos espectaculares Muiños do Folón e do Picón. Este lugar empblemático do territorio rosaleiro, constitúen un conxunto de muiños de auga excelentemente conservados, e que convertéronse no símbolo do municipio.

 

Da man dunha guía habilitada pola Xunta levaráse a cabo este percorrido de dificultade media.

 

O punto de encontro será ás 10:00 h na Área de Recepción de Visitantes do Folón.

Domingo 19 de xullo, ao mediodía

12.00 a 13.00 h. | Acceso ao recinto na Praza do Calvario do Rosal (inscrición previa)​

13.30 h. | Concerto lixeiro "sesión viño" con Awen Music!​

E o domingo pechamos a programación degustando os viños do Rosal mentres desfrutamos da música nun concerto lixeiro e tranquilo ao medio día.

Unha “sesión vermú” onde sustituimos o vermú polos excelentes caldos do Rosal.

 

Awen Music serán os encargados de poñer a música nesta “sesión viño” do domingo. Awen es un dúo de Vigo y alrededores que interpreta versiones de rock, soul, blues… así como algún tema de creación propia. Dos potentes voces unidas por una pasión: la música.

Estamos nas redes sociais!

Cargar máis

Que é a Feira do Viño do Rosal?

“A Feira do Viño do Rosal ten como obxectivo primordial promocionar os sectores vinícolas, conserveiros e de produtos típicos de horta e flor que se producen no Val do Rosal. Este goza dun microclima especial que lle dá aos seus produtos agrícolas a calidade indiscutible que fai que sexan premiados non só no noso país, senón tamén en certames internacionais como o demostran os numerosos premios
Paralelamente á celebración da feira realízanse exposicións culturais, actividades para nenos, exposición filatélica, actuacións musicais, etc.”

Turismo de Galicia

turismo.gal

“A afluencia á Feira do Viño do Rosal adóitase calcular en varios miles de persoas. A festa convértese en todo un tributo aos caldos con Denominación de Orixe Rías Baixas , na que numerosas adegas achegan os seus viños aos visitantes.
Durante tres xornadas, ademais de saborear as distintas variedades de viño, O Rosal propón unha festa na que, como en toda a provincia de Pontevedra, a gastronomía goza tamén dun papel destacado. Así, non faltan as tapas variadas, os mariscos das costas galegas ou a tortilla . Os visitantes chegan ao Rosal atraídos pola calidade dos seus viños, e non só desde o resto da provincia, senón tamén desde distintos puntos de España e do país veciño, Portugal.
(…)
Algunhas das adegas ofrecen a posibilidade de coñecer o proceso de cultivo, colleita e produción. Adegas Val Miñor, Quinta de Couselo, Terras Gauda, Lagar de Fornelos, Adegas Aldea de Abaixo, Destilería Pazo Valdomiño e Santiago Ruíz destacan entre as máis representativas.”

Turismo Rías Baixas

turismoriasbaixas.com

Promove e organiza

Colabora